15.7.07

'Cidades dixitais' para integrar os concellos na Sociedade da Información

O Ministerio de Industria e a Consellería de Innovación asinan unha addenda ao convenio de colaboración para a posta en marcha do programa 'Cidades dixitais', promovido no marco do Plan Avanza para incorporar os concellos á Sociedade da Información. A inversión será de 2,54 millóns ata 2008 dos que Industria achega a metade a e a Xunta de Galicia e as administracións locais outro tanto, o 25% cada unha.
A Consellería de Innovación e Industria vai realizar unha convocatoria pública á que poden acudir, en réxime de concorrencia competitiva, as cidadades ou consistorios e as propostas avaliaraas unha comisión paritaria formada polo Miniterio e a Xunta.

Os proxectos e actuacións que se financiarán céntrase en varias liñas, coma os servizos e aplicacións de administración electrónica entre as que figura a implantación de ferramentas ou solucións tecnolóxicas para a modernización da xestión interna da administración local. Así mesmo, as iniciativas subvencionables poderán presentarse de xeito individual ou en cooperación; no primeiro caso o/a beneficiario/a sería unha única entidade; no segundo consideraranse con preferencia os proxectos que presenten unha unión de entidades con experiencia en programas para o impulso do desenvolvemento e a implantación da SI.

Formación para a dinamización
Ademais, dentro desta iniciativa da Consellería de Industria contemplase a convocatoria pública de 36 bolsas para a formación de dinamizadores da SI, que se concederán para o desenvolvemento de estudos e prácticas formativas. O obxectivo primordial é o de proporcionarlle ás persoas seleccionadas a formación necesaria para contribuír ao achegamento á cidadanía dos recursos que proporcionan as novas tecnoloxías. O orzamento para esta iniciativa é 327.600 euros.

Fuente: [Estratexia galega da Sociedade da Información]

No hay comentarios: